POLÍTICA DE SEGURIDADE PLATAFORMAS DIXITAIS

RESPONSABLE DO TRATAMENTO

O responsable do tratamento dos datos persoais de carácter académico e profesional do usuario será:

-     No caso de colexios privados ou concertados, o Centro Educativo ou colexio ao que pertenza como alumno ou como profesor empregado deste centro.

-     No caso de colexios públicos ou institutos, a consellaría de educación da Comunidade Autónoma en que se encontre o Centro Educativo.

Por esta razón, o centro cumprirá coas obrigas legais establecidas pola normativa de protección de datos que inclúen, entre outros, os deberes informativos e de lexitimación, así como a atención de dereitos dos usuarios. Santillana asistirá ao responsable do tratamento no cumprimento da normativa de protección de datos.

SANTILLANA: ENCARGADO DO TRATAMENTO

Os datos de carácter académico e profesional do usuario, que achegue no desenvolvemento da súa actividade nas aplicacións (en diante, Aplicación) titularidade de Sanoma Educación S.L.U (en diante, Santillana) serán tratados por Santillana como encargado do tratamento co único fin de xestionar o funcionamento, accesibilidade e usabilidade da Aplicación. O Centro Educativo que contratase as licenzas de cada usuario específico para o seu uso da Aplicación ostenta a condición de responsable do tratamento. Esta interpretación é consistente co criterio da Axencia Española de Protección de Datos manifestado na Guía para centros educativos.

Nesta condición de encargado do tratamento respecto do tratamento dos datos de docentes e alumnos, Santillana cumpre coas esixencias reguladas no artigo 28 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (en diante, RGPD). En consecuencia, Santillana Educación asume, entre outras, as seguintes obrigas:

-     Acceder aos datos unicamente cando sexa imprescindible para o bo desenvolvemento da Aplicación.

-     Tratar os datos conforme as instrucións que reciba do usuario para xestionar a Aplicación e non os destinará, aplicará ou utilizará os datos con fins distintos.

-     No caso de que Santillana detectase que algunha das instrucións do Centro Educativo infrinxe a normativa de protección de datos, Santillana informará o Centro Educativo, que será o responsable de valorar se a instrución infrinxe a normativa de protección de datos e da toma de decisións que corresponda.

-     Garantir que as persoas autorizadas para tratar os datos se comprometeron a respectar a confidencialidade. Esta obriga de confidencialidade terá carácter indefinido.

-     Non revelar, transferir, ceder ou doutra forma comunicar os datos de persoais responsabilidade do usuario xa sexa verbalmente ou por escrito, por medios electrónicos, papel ou mediante acceso informático, nin sequera para a súa conservación, a ningún terceiro, salvo que exista autorización ou instrución previa do responsable do tratamento.

-     A subcontratar a un terceiro só as funcións, tarefas e/ou responsabilidades derivadas do tratamento de datos persoais relacionadas co almacenamento dos contidos xerados, achegados ou introducidos na Aplicación.

-     Dar traslado ao Centro Educativo o máis axiña posible, de calquera solicitude de exercicio de dereitos en materia de protección de datos efectuadas por un afectado cuxos datos fosen tratados por Santillana con motivo do cumprimento das súas funcións.

-     Dar apoio ao Centro Educativo na realización de avaliacións de impacto relativas á protección de datos e da realización de consultas previas á autoridade de control, cando cumpra.

-     Poñer á disposición do Centro Educativo toda a información necesaria para demostrar o cumprimento da súas obrigas, así como a realización de auditorías ou inspeccións que realice o usuario ou outro auditor autorizado por este.

-     Santillana designou, voluntariamente, un Delegado de Protección de datos cuxo enderezo electrónico é dpo.spain@sanoma.com.

-     No caso de que Santillana deba transferir ou permitir acceso a datos persoais responsabilidade do Centro Educativo a un terceiro en virtude do Dereito da Unión ou dos Estados membros que lle sexa aplicable, informará o usuario desa esixencia legal de maneira previa, salvo que estivese prohibido por razóns de interese público.

-     Unha vez finalizadas as licenzas de uso contratadas polo  Centro Educativo, os datos de carácter persoal que achegase o usuario no exercicio da súa actividade a través da Aplicación serán devoltos a este, sen que Santillana conserve copia algunha deles. Para iso, Santillana outorgará ao usuario un prazo de quince (15) días naturais desde a finalización da licenza, a efectos de que o usuario retire todos os datos da súa propiedade que sexan do seu interese. Finalizado este prazo, ou se a devolución dos datos fose imposible, Santillana procederá á eliminación e destrución total dos mesmos e os seus soportes.

1.       TERCEIROS

O Centro Educativo autoriza a Santillana a subcontratación de terceiros algunhas funcións, tarefas e/ou responsabilidades derivadas do tratamento de datos tales como outras entidades do grupo Sanoma para a xestión e mantemento da plataforma ou Amazon Web Services para o almacenamento de datos e contidos xerados, achegados ou introducidos  na Plataforma.

Os subcontratistas, terán a condición de sub-encargados do tratamento e estarán obrigados igualmente a cumprir as obrigas de encargado do tratamento e as instrucións que dite o responsable. Santillana seguirá sendo plenamente responsable ante o Centro Educativo no referente ao cumprimento das obrigas. 

2.       SEGURIDADE

Medidas de seguridade. Santillana adopta e aplica as medidas técnicas e organizativas apropiadas para garantir un nivel de seguridade que evite a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta do estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que estean expostos, conforme o previsto no artigo 32 do RGPD.

No caso de violación da seguridade dos datos persoais nos sistemas de información utilizados por Santillana para a prestación dos servizos a través da Aplicación, Santillana deberá notificar ao Centro Educativo, sen dilación indebida, e en calquera caso antes do prazo máximo de 48 horas, as violacións da seguridade dos datos persoais ao seu cargo das que teña coñecemento, xuntamente con toda a información relevante para a documentación e comunicación da incidencia conforme ao disposto no artigo 33.3 do RGPD.

Contrasinal.

 O usuario e o Centro Educativo responsabilízanse da veracidade, exactitude e actualización da información achegada a través da Aplicación; neste sentido, queda prohibida a utilización de identidades falsas e a suplantación, de calquera forma, da identidade de terceiros (incluíndo o uso dos seus datos, contrasinais ou claves).

No caso de que Santillana achegue algún nome de usuario, clave ou contrasinal para o acceso á Aplicación, o usuario comprométese a gardalos de forma dilixente.

No caso de pérdida do contrasinal, por favor, sigue o procedemento de recuperación establecido na Plataforma (por exemplo, a través da pregunta de seguridade ou a través do enderezo electrónico de rexistro). Se o problema persiste, por favor contacta co teu profesor ou delegado comercial de Santillana.

3.       PROTECCIÓN DE DATOS DOS ALUMNOS

Tal e como define como regra xeral a AEPD na Guía para Centros Educativos, os Centros non necesitarán o consentimento dos titulares dos datos para o seu tratamento sempre que estea xustificado no exercicio da función educativa e na relación ocasionada coas matrículas dos alumnos. Neste mesmo sentido, as editoriais teremos lexitimación para o tratamento dos datos persoais sempre que non sexan tratados para fins distintos dos previstos na licenza do servizo.

En todo caso, recomendamos os pais/titores dos alumnos a súa asistencia e supervisión no proceso de activación de contas (con maior énfase en menores de 14 anos).

Os datos do alumno que facilite na alta e desenvolvemento da súa actividade na Aplicación non serán incorporados a ficheiros responsabilidade de Santillana, sendo tratados como encargado do tratamento unicamente para xestionar a Aplicación. O Centro Educativo que contratase as licenzas de cada usuario específico para o uso da Aplicación ostenta a condición de responsable do tratamento.

Para máis información sobre o tratamento dos seus datos, consulte co seu Centro Educativo prescritor.

4.       PROTECCIÓN DE DATOS DOS PROFESORES

Os profesores usuarios das nosas plataformas poderán empregar as súas credenciais de Evocación e/ou a licenza de acceso á plataforma en cuestión.

No caso de que o profesor decida activar a súa conta empregando as súas credenciais de Evocación, pode verificar as condicións do tratamento aquí.

5.       DEREITOS

Santillana, como encargado do tratamento, remitirá ao Centro Educativo o máis axiña posible calquera solicitude de exercicio de dereitos en materia de protección de datos que os profesores ou alumnos nos trasladen usando o enderezo electrónico dpo.spain@sanoma.com.